os viños
→ MORAIMA
elaboración
O proceso de elaboración de Moraima comeza na viña. Unha vez alcanzado o momento óptimo de maduración, dirixímonos ás parcelas coas cepas máis antigas, onde facemos a vendima de xeito manual, como indica a nosa tradición, e tamén dese xeito, se fai a selección dos acios que se depositan en caixas de pouca capacidade para manter o bo estado das uvas.
Xa na adega, aos acios retíraselles o raspón, causando así unha leve rotura da pel que permite a saída parcial do mosto. A maceración posterior da uva é de 7 horas, a unha temperatura de 6ºC. A fermentación alcohólica faise á temperatura constante de 16º, durante 14 días. Logo desta, críase nas súas lías durante catro meses, e repousa ata o momento óptimo de embotellado, non antes de maio do ano seguinte.
nota de cata
Moraima aparece á vista como un viño amarelo con matices aceirados e beiras verdes, limpo e brillante. Chama a atención a súa alta intensidade olfactiva, de gran complexidade aromática e marcada polos aromas a froita con óso madura e flores brancas. Equilibrado e con lixeira acidez, boa estrutura no seu paso de boca; untuoso e persistente. Post-gusto moi froital, largo e saboroso.
Temperatura ideal de consumo, 10-12ºC.
→ ABA DE TRASUMIA
elaboración
A elaboración de Aba de Trasumia, como non pode ser doutro xeito, comeza coa selección dos acios na propia viña unha vez alcanzado o momento óptimo de maduración en caixas de pouca capacidade para manter o bo estado das uvas.
Na adega, aos acios retíraselles o raspón, causando así unha leve rotura da pel que permite a saída parcial do mosto. Despois, as uvas se pasan a unha maceración pelicular durante 5 horas a 6ºC. A fermentación alcohólica realízase a unha temperatura controlada de 16ºC en aceiro inoxidable durante 14 días. Ao final, repousa e madura ate o momento do embotellado.
nota de cata
Aba de Trasumia é un viño de aspecto amarelo verdoso, brillante con notas douradas. En nariz, amósase fresco, elegante con notas minerais e de froitos cítricos. Amplo en boca, lambón e cunha equilibrada acidez. Final intenso con amplas sensacións e lembranzas varietais.
Recoméndase o seu consumo a una temperatura de 10ºC.
