a viña
Ningún dos socios de Viña Moraima, S. Coop. Galega fixo plantacións ex profeso para transformar a uva nesta adega, senón que veñen cultivando albariño dende fai moitos anos, sendo algunhas das cepas centenarias. Cabe salientar, pois, que un alto porcentaxe da produción da adega provén de cepas de pé franco ou patrón directo, cepas prefiloxéricas que se foron reproducindo por acodo, e sen ningún tipo de enxerto, mantendo, xa que logo, maior pureza no material xenético.
As viñas atópanse no concello de Barro (Pontevedra), nas Abas do Val do Salnés, sometidas á influencia atlántica de temperaturas suaves e altas precipitacións. O sistema de condución é o emparrado, e úsanse as técnicas culturais propias da zona: poda tardía, desfollado e aclareo de acios.
Os socios de Viña Moraima, S. Coop. Galega fan unha viticultura minimalista e integrada, consistente nun maior aporte do control e a non aplicación de tratamentos ate que non sexa preciso.



