quen somos
Viña Moraima, S.Coop.Galega é un proxecto que xorde cando un pequeno grupo de viticultores de Barro (Pontevedra), empezan a falar entre si da posibilidade de elaborar un viño propio, froito da uva que veñen colleitando dende fai anos, e que nese momento están vendendo a outras adegas. Coñecedores das especiales características das súas viñas, e confiando no seu potencial, deciden unirse para así participar en todo o proceso de produción e elaboración do viño, servindo así de pequena homenaxe á tradición colleiteira das nosas familias; aproveitando, claro está, os modernos medios e técnicas de hoxe en día.
O feito de que Viña Moraima sexa unha pequena cooperativa permite que os seus socios participen activamente en todo ese proceso.
Na actualidade, o Consello Reitor de Viña Moraima, S. Coop. Galega está formada por José Manuel López Fontán (Presidente), Roberto Rivas Reboredo (Vicepresidente) e Mª Salomé Cancela Romero (Secretario); figurando como Interventor José Benito García Carramal.
