a adega
A adega elabora uns viños cuxa orixe se atopa no viñedo, no que se traballa durante todo o ano para acadar unhas características enolóxicas favorábeis que despois se materialicen nun viño de Terroir.
Para elo, Viña Moraima investiu nun moderno equipamento que permite sacar o máximo partido ao que da a viña, pois a principal aposta é pola calidade; contando tamén con xente nova formada en enoloxía que complementa á tradición colleiteira da outra parte dos socios.
A nosa produción é limitada a 50.000 botellas, das que aproximadamente un 30% son de Moraima.
