logotipo de Moraima foto dunha botella de Moraima cartel da campaña deixa que o viño fale logotipo do Consello Regulador da Denominacion de Orixen Rias Baixas

inicio


Moraima é unha cooperativa vitivinícola formada no ano 2006 no concello de Barro en Pontevedra. Está acollida á denominación de orixen Rías Baixas e produce un viño homónimo, elaborado con un 100 por cen de uvas da variedade albariño.

O viño destaca pola súa amplitude e equilibrio gustativos. Limpo, brillante, de cor palliza con reflexos verdosos. En nariz intenso e complexo, con toques frescos de froitas e frores blancas. En boca se amosa suave, equilibrado en corpo e acidez, redondo, saboroso e moi persistente.

Moraima é un viño xove con cen anos de experiencia, que esa é a edade das cepas máis vellas da cooperativa, na que ningún dos viñedos é de nova plantación.


→  axenda

→  a tenda



Vendima 08

Tras todo un ano coidando e traballando as viñas, chegou o momento de recoller os froitos.

Dende finais de agosto leváronse a cabo os pertinentes controis de madurez e do estado sanitario da uva. Con un fin de verán tan inestable con continuas precipitacións e poucas horas de insolación, a madurez retardouse unha semana con respecto as dúas campañas precedentes e fixo que a non ap...

[+] info
Envíos a toda España foto botellas Moraima » visitar tenda

logotipo que indica proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) logotipo que indica proxecto cofinanciado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia
logotipo que indica CSS validado logotipo que indica XHTML ben formado logotipo que indica nivel de accesibilidade WAI-AA